O texto íntegro do que parto nesta labor de documentación
é o seguinte:
Marina, José
Antonio. “El síndrome de inmunodeficiencia social” [en liña]. El Mundo Orbyt, 2012. <http://rsocial.elmundo.orbyt.es/epaper/xml_epaper/Cr%C3%B3nica/25_03_2012/pla_3121_CRONICA_MADRID/xml_arts/art_8805858.xml?SHARE=6C23C0F29C6C4F158F7CA6264B48630505AC05FF5F05059E51D678A7744C743DEF68CA1A92718CA93E9A40388E697CF4F3988F64419F096BD2676EBF9AF45F3FABCF0FB6410CBF64DB0339B747317AAE5228BF44C2C053B532AD2E22B5B2CAB7>
Resumo do texto
Recolle as principais ideas desenvolvidas por José Antonio Marina.
Recolle as principais ideas desenvolvidas por José Antonio Marina.
“El síndrome de
inmunodeficiencia social” é un texto ben redactado, facilmente lexible, ameno e
interesante, no que José Antonio Marina nos alerta sobre unha patoloxía que
sofre a sociedade actual: a síndrome de inmunodeficiencia social. Consiste na
incapacidade da poboación para defenderse das lacras que a están consumindo,
referíndonos con isto á corrupción política e empresarial ou á falta dun
goberno responsable por parte das
institucións do país.
A sociedade está
desmoralizada, desanimada, decepcionada. A súa falta de pensamento crítico
deriva na indiferenza cara os problemas. “No nos escandalizamos ya por nada”,
di J.A Marina. Aceptamos como normal o inmoral, o indigno, o extraordinario.
Somos tolerantes co que nos debería resultar repugnante. Por isto, somos unha
colectividade enferma, enferma de inmunodeficiencia social.
O autor propón unha serie de
fármacos ou solucións para facer fronte á doenza: castigar, con penas que
sirvan de modelo e de advertencia, ser críticos cos nosos gobernantes e coas
súas ideoloxías (“votar siempre al mismo partido, haga lo que haga, no es una
muestra de sensatez política”, J.A Marina) e, sobre todo, participar
políticamente como cidadáns. En definitiva, temos que conseguir que as
institucións baixo as que se rexe o país se movan nun marco ético.
Claves sobre as que nos imos documentar
Trátase das palabras ou conceptos nos que imos profundizar máis, por teren relevancia para a comprensión da lectura e nos que, por outro lado, pode resultar interesante buscar novas perspectivas.
Trátase das palabras ou conceptos nos que imos profundizar máis, por teren relevancia para a comprensión da lectura e nos que, por outro lado, pode resultar interesante buscar novas perspectivas.
José Antonio Marina:
Toledo, 1939. É probablemente o máis coñecido dos pensadores españois na
actualidade. Na súa longa traxectoria compaxinou a investigación filosófica co traballo como
profesor de Filosofía nun instituto de ensinanza secundaria madrileño.
Síndrome: conxunto de
signos e síntomas que configuran unha enfermidade.
Inmunodeficiencia:
calquera trastorno na fisioloxía da inmunidade celular ou humoral.
Patoloxía: enfermidade.
Pensamento crítico:
actitude intelectual cuxo obxectivo é analizar ou evaluar a estrutura e consistencia
dos razoamentos, en particular as opinións que na vida cotiá acostuman
aceptarse coma verdadeiras.
Democracia parlamentaria:
forma de goberno representativa na que o Parlamento participa
exclusivamente na dirección dos asuntos
do Estado. A formación do goberno e a súa permanencia dependen do consentimento
da maioría parlamentaria, procedente das eleccións ou dunha coalición.
Tolerancia: respeto das
ideas, crenzas ou prácticas cando son diferentes ou contrarias ás propias.
Xustiza: o razonable, o
equitativo, o indicado polo Dereito.
Castigo exemplar: que
serve de escarmento.
Participación política dos
cidadáns: presenza dos cidadáns nos asuntos públicos.
Estado: unidade
política composta polos órganos de goberno dun país soberano.
Sociedade civil:
individuos alleos á esfera do Estado.
Sociedade política: involucrada
no gobernó do Estado.
Fontes
Son o reflexo dos documentos, obras ou materiais que nos foron útiles para completar o texto de Marina.
Son o reflexo dos documentos, obras ou materiais que nos foron útiles para completar o texto de Marina.
- El Poder de la Palabra é unha web adicada á prosa poética. Nela dispoñemos de fragmentos de textos literarios, así como da biografía e das imaxes dos seus autores, entre os que aparece José Antonio Marina.
Neste link (http://www.epdlp.com/escritor.php?id=2942) consultei unha
breve biografía sobre Marina, para ter un coñecemento
necesario sobre o autor do texto.
- A Clínica Universidade de Navarra, dentro da súa área de salúde, dispón dun Diccionario Médico especializado. Diccionario Médico, Clínica Universidad de Navarra, 1962. Velaquí o enlace: http://www.cun.es/area-salud/diccionario-medico
Optei por consultar un dicionario
médico por ser unha boa ferramenta para coñecer o significado dos termos síndrome,
inmunodeficiencia e patoloxía, continuamente empregados polo autor a
modo de símil. Compara o estado do organismo, cando o sistema inmunitario deixa
de funcionar, coa falta de reacción por parte da sociedade indefensa ante os
males actuais.
- EDUTEKA é o Portal gratuíto para docentes e directivos escolares interesados en mellorar a educación co apoio das Tecnoloxías da Información.
RICHARD, Paul e LINDA, Elder: << ¿Por qué pensamiento crítico?>> Eduteka (abril 2006).
Aquí achego o enlace: http://www.eduteka.org/PensamientoCritico1.php
Esta páxina conta cunha mostra
bastante completa do que sería o pensamento crítico dende o punto de
vista de diversos autores. Ademais, mostra por medio de mapas conceptuais os
esquemas nos que se basa o razoamento, de xeito que poidamos ter máis clara a idea. É interesante profundizar no concepto de pensamento crítico, pois a súa
ausencia é unha das causas nas que insiste o autor para explicar a “síndrome de
inmunodeficiencia social”.
- ESPINOZA , Ricardo. Sistemas parlamentario, presidencial y semipresidencial. Pie de imprenta. México : Instituto Federal Electoral, 1999
Ricardo Espinoza Toledo mostra de
maneira bastante detallada as características principais dos tres sistemas de
organización política máis importantes na actualidade dentro das democracias: o
parlamentarismo, o presidencialismo e o semipresidencialismo. Neste caso
cómpre afondar máis na democracia parlamentaria e especialmente na súa
dexeneración, materializada na ausencia de debate entre as forzas políticas. É
conveniente establecer un contraste entre o modelo presentado por Espinoza e o
que se dá na actualidade.
- Entrada publicada na web de Historia Clásica (www.historiaclasica.com) o 6 de marzo do 2007.
A historia cóntanos que na Antiga Roma
a covardía do exército se pagaba coa execución ou lapidación dos seus membros.
Era o chamado castigo exemplar ou “decimatio”. Persoalmente considero
que José Antonio Marina fai de novo un símil entre as lexións romanas e os
políticos. É necesario castigar, con penas que realmente sirvan de advertencia,
os casos de corrupción política e o engano aos cidadáns.
- SÁNCHEZ, Perla: <<La importancia de la participación ciudadana en el fortalecimiento de la democracia>>, Escrutinio, La mirada crítica (marzo 2012). O link sería o seguinte: http://www.escrutinio.com.mx/revista/politica/84/la-importancia-de-la-participacin-ciudadana-en-el-fortalecimiento-de-la-democracia-.html
O autor avoga pola participación
política dos cidadáns, entendendo por isto o exercicio do voto e a loita
polo respeto dos dereitos civís e sociais. Sen a participación cidadá a
democracia perdería o seu fundamento. Neste tema insiste Perla Sánchez. A participación é a clave.
- CALUORI, María Inés: <<Justicia y Tolerancia– Matías Bragagnolo>>, La historia paralela, 9 (Abril, 2007)
A tolerancia e a xustiza
son dúas ideas ás que tamén alude o autor do texto. Tal como vimos no seguinte
vínculo, hai que exercer a tolerancia pero non todo pode tolerarse pois, non estaríamos a facer xustiza.
- BLOG, Lo que quiso decir. AGUILAR, Rubén. 23 (Outubro, 2012).
Rubén Aguilar é socio fundador de Afan Consultores Internacionales e S.C. Doctor en Ciencias Sociais. Profesor no Departamento de Comunicacións e Ciencias Políticas da Universidade Iberoamericana. El pon a voz no enlace adxunto:
Enrique Iglesias foi o titular
da Secretaría Xeral de Iberoamérica no XI Encontro Iberoamericano da Sociedade
Civil celebrado en Madrid o pasado 15 e 16 de outubro. Rubén Aguilar dá o punto de vista de Iglesias, relacionado co achegamento entre a sociedade civil e a sociedade
política por mor da crise económica. Sobre a separación de ambas falános
Marina, quen considera insensato facer esta distinción. A sociedade para el
política e civil ao mesmo tempo, pois pasa a ser política no momento no que ten
que vivir na polis. Máis que unha fonte para afondar nas características dunha
sociedade civil e dunha sociedade política, é unha mostra de como este debate é
traído á actualidade co gallo da crise económica, pero considero que representa
perfectamente a idea que Marina quería expresar.
Achegas
propias
Inclúen a miña opinión persoal, a miña visión sobre a problemática que nos ocupa, a "síndrome de inmunodeficiencia social".
Inclúen a miña opinión persoal, a miña visión sobre a problemática que nos ocupa, a "síndrome de inmunodeficiencia social".
“Non comparto a túa opinión pero daría a miña vida por defender o teu
dereito a expresala” François Marie Arouet, máis coñecido coma Voltaire.
“É moi perigoso que tantos cidadáns pasen do
benestar á miseria, porque, neste caso, é moi difícil que deixen de ter o
desexo de provocar revolucións” (Aristóteles, “Política”)
Eu resumiría nestas dúas citas o contido do
texto. Persoalmente, considero que os eixos da sociedade na que vivimos hoxe
mudaron radicalmente con respecto ó pasado. A corrupción e a falta de confianza
nas institucións que dirixen o país derivaron en dúas actitudes antagónicas
dentro da poboación. Por una banda, a pasividade, o desinterés, a tolerancia de
certas actitudes insultantes para os cidadáns. E non todo é tolerable. Por
outra banda, o radicalismo, a violencia, a ansia de revolución en certos
sectores da sociedade. Os extremos non son bos e o aquí reflexado é un bo
exemplo disto.
En liñas xerais, coincido con José Antonio
Marina, pois certo é que de tantas primeiras planas nos xornais cheas de casos de
suborno, cohecho, malversación de fondos… o impacto deste tipo de novas no noso
cerebro é mínimo. Comezamos a admitir como normal o que debería ser
extraordinario. Pero tamén é certo que namentres este tipo de delincuentes non
comecen a pagar con penas realmente significativas e a xustiza e os medios de
comunicación en moitos casos non deixen de ser órganos ao servizo do poder, os
cidadáns de a pé non teñen os medios para por fin a esta cadea de desprósitos.
Está ben o traballo, pero ten un problema importante que quedou claro nunha das últimas clases que había que controla. Son a forma de facer as referencias. Non se pode dicir: aquí deixo o link, neste enlaces está, enlace adxunto... Se facemos ben as referencias, xa non temos que dicir eso. é innecesario. Un traballo digno require un coidado sobre como se cita e como se fan as referencias, senón deixa de ser un bó traballo. Por exemplo, nas conclusións mencionas a Voltaire e a Aristótles, sen páxina, sen ano de edición, e sen que aparezan as referencias completas. Iso ten moitos significados.
ResponderEliminar