sábado, 13 de octubre de 2012

Dimensión hipertextual


Os sistemas hipertextuais están baseados nun enfoque no cal o usuario ten a posibilidade de crear, agregar, enlazar e compartir información de fontes diversas, xerando a posibilidade de acceder a documentos de maneira non secuencial, a diferencia dos sistemas de información máis tradicionais e lineais.  É dicir, a diferencia dos libros impresos, nun ambiente hipermedial  a lectura é realizada polos usuarios de xeito que non estan obrigados a seguir unha secuencia establecida, senón que poden moverse a través da información  e seleccionar os contidos que lles interesan. O sistema é o seguinte: os datos almacénanse nunha rede de nodos conectados por enlaces. Os nodos (marcas ou subraiados en palabras e frases) conteñen textos, pero tamén gráficos, imaxes, audios, animacións ou vídeos.


Carlos Moreno Hernández pon de manifesto a penetración do hipertexto en diferentes artes. Fálanos da literatura, da traducción e da documentación.

No ámbito da literatura, algunhas das figuras máis significativas da teoría hipertextual a nivel nacional e internacional, George P. Landow, Michael Joyce e Susana Pajares Tosca, sentaron as bases para a creación dunha teoría hipertextual no campo das humanidades, especialmente na literatura.

Durante a segunda metade do século XX, nacen obras non lineais, pero publicadas en papel, tales como Diccionario Jázaro, de Milorad Pavic, Rayuela, de Julio Cortázar, “El jardín de los senderos que se bifurcan”, do libro Ficciones, de Jorge Luis Borges, ou Si una noche de invierno un viajero, de Italo Calvino. Estas obras intentaban romper o paradigma narrativo moderno, no que os papeis do lector, narrador, personaxes e tempo estaban plenamente establecidos. A evolución desta idea desemboca no nacemento da narrativa hipertextual.

George P.Landow, na súa obra Hipertexto. La convergencia de la teoría crítica contemporánea y latecnología, trata o concepto de hipertexto e as súas implicacións para a teoría e as institucións literarias e educativas. Landow publicou dúas revisións sucesivas desta obra, tituladas respectivamente Hypertext 2.0 e Hypertext 3.0.
A clave para este autor está en que deben abandonarse os actuais sistemas conceptuais baseados en nocións como centro, marxe, xerarquía e linealidade e substituílos por otros como a multilinealidade, nodos, nexos e redes.

Michael Joyce diferencia entre a “hiperficción explorativa” e a “hiperficción constructiva”. A primeira ten un único autor e a segunda moitos, sendo necesaria a colaboración de cada un deles. Esta diferenciación de Joyce abre unha polémica sobre os límites da autoría. A "hiperficción constructiva" é un exemplo de autoría compartida. En base a este debate, podemos destacar dúas ideas de Joyce:
                - En canto á hiperficción constructiva, a heteroxeneidade das aportacións fai moi difícil manter a continuidade e a calidade necesarias para que unha obra sexa considerada literaria.
                -No que atinxe á hiperficción explorativa, é necesario atopar un medio efectivo para protexer os dereitos de autor  na rede, para que o autor poida publicar a súa obra de modo que os seus textos poidan conectar con outros mediante enlaces, e sen que peligre a autoría.

Susana Pajares Tosca tamén se para en analizar o novo papel do autor e do lector. O hipertexto obriga ao autor a elaborar un traballo adicional, posto que o contido, ademais de ser traballado estilítisticamente e retóricamente, debe ser organizado hipertextualmente. A actividade do lector vén dada pola existencia de enlaces que engaden á lectura hipertextual unha dimensión nova, da que careca a lectura dun texto impreso. Elexir entre un enlace ou outro implica un cálculo previo sobre o que podemos atopar do outro lado.

Considera que o hipertexto non supón a norte do autor, nin tampouco a converxencia entre o autor e o lector. Senón que o autor acadará unha maior importancia ao ser o endargado de que o lector poida percorrer varias alternativas posibles. 

No referente á traducción, tal e como apunta Carlos Moreno, esta é tamén unha forma de relacionar textos. No caso da traducción literaria, o autor orixinal desprázase, pois este tipo de textos implicar unha recreación por parte do traductor. O termo traducir implica unha operación hipertextual: saltar dun texto a outro vinculando unha cultura ou outra.

A documentación, dende o punto de vista de Moreno, tamén conta dunha dimensión hipertextual. Envía ao lector dun texto a outro por medio de máis textos que se comparan e se equiparan.
Nun primeiro momento, a investigación tradicional comezaba polas chamadas guías documentais (bibliografías, catálogos, índices, teses…). Todo este percorrido pode ser agora exectuado por un ordenador, que non só nos proporciona as fontes de documentación buscadas, senón que nos indicaría o camiño directo a outros textos.

Citación de fontes:
 
Lamarca Lapuente, María Jesús. "Hipertexto: El nuevo concepto de documento en la cultura de la imagen”. [en línea].
<http://www.hipertexto.info/documentos/literat.htm>

Aguirre, Joaquín María. Crítica “Hipertexto. La convergencia de la teoría crítica contemporánea y la tecnología”. [en línea].
<http://www.ucm.es/info/especulo/numero2/landowhi.htm>

Pajares Toska, Susana. “Las posibilidades de la narrativa hipertextual”. [en línea].
<http://www.ucm.es/info/especulo/numero6/s_pajare.htm>

Moreno Hernández, Carlos. “Literatura, traducción y documentación en el medio hipertextual”. [en línea].
<http://www.ucm.es/info/especulo/numero7/c_moreno.htm>

Lomeña Cantos, Andrés. “Entrevista con George P.Landow”. [en línea].
<http://cronopisassociats.entitats.mataro.cat/files/3-2586-annex/George-Landow%5B1%5D.pdf>

martes, 9 de octubre de 2012

Armand Mattelart, Sally Burch, Daniel Bell, Manuel Castells...A Sociedade da Información


Armand Mattelart, investigador, sociólogo, docente, naceu en Bélxica, pero conta cunha ampla traxectoria como profesional en  Europa e Latinoamérica. 


Estamos ante un Catedrático emérito en Ciencias da Información e da Comunicación e dende setembro do 2003 é o presidente do Observatoire Français des Médias (OFM). Ademais, colabora con Le Monde Diplomatique dende 1974.
É autor de moitos libros, traducidos a varias linguas, sobre a historia e as teorías da internacionalización da cultura e da comunicación. Entre as súas publicacións dos últimos anos traducidas ao castelán, destacan: “Historia de las ideas y de las estrategias”, “La invención de la comunicación”, “Historia de la utopía planetaria: De la ciudad profecética a la sociedad global” ou “La Mundialización de la Comunicación”.

A obra que a nós nos ocupa é “Historia de la sociedad de la información”.

A “Sociedade da Información” é un concepto con diversos interpretacións, dependendo do autor ante o que nos situemos.
É vista coma a sucesora da sociedade industrial. Relativamente similares serían os conceptos da sociedade post-industrial, posfordismo, sociedade postmoderna, sociedade do coñecemento…
Sally Burch considera que a “Sociedade da Información” é o termo hexemónico.
O sociólogo estadounidense DanielBell introduce a noción de “Sociedade da Información” e formula que o eixo principal desta é o coñecemento teórico e advirte que os servicios baseados no coñecemento se convertirán na estrutura central da nova economía.
Esta expresión reaparece con forza nos anos 90, no contexto de desenvolvemento de Internet e das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación).
Manuel Castells en “La era de la Información” fala dun “novo sistema tecnolóxico, económico e social. Unha economía na que o incremento de produtividade non depende do incremento cuantitativo dos factores de produción (capital, traballo, recursos naturais), senón da aplicación de coñecementos e información na xestión, produción e distribución, tanto nos procesos coma nos produtos”.
Pola contra, o concepto de “Sociedade do Coñecemento” tamén é utilizado, en especial nos medios académicos. Tamén a UNESCO adoptou este termo, ou a súa variante, dentro das súas políticas institucionais.
A concepción actual do que entendemos por “Sociedade da Información” está influenciado pola obra do sociólogo xaponés Yoneji Masuda, “La sociedad informatizada como sociedad post-industrial”.
Esta está centrada na tecnoloxía informática, que tería un impacto moito máis decisivo na sociedade que a revolución da enerxía, por exemplo, que comezou coa razón da máquina de vapor. A razón básica é que a función fundamental do ordenador é substituír e amplificar o traballo mental humano; a máquina de vapor só tiña como función básica a sustitución e amplificación do traballo físico.

Armand Mattelart fai a súa propia caracterización sobre a “Sociedade da Información”.
Na súa obra fai referencia a Paul Otlet e a Henri La Fontaine. Estes crean en Bruselas no ano 1895 o “Instituto Internacional de Bibliografía”, coa finalidade de constituír un “Libro univeral do saber”. Estaríamos así ante a nova ciencia da organización sistemática da información.
Pouco a pouco vanse producindo avances, como a creación a ficha normalizada, ata que no ano 1910 se crea a “Oficina Central  de la Unión de Asociaciones Internacionales”, coa finalidade de agrupar en rede as institucións, federacións, ligas, congresos, institutos… de modo que se garantizaría a cooperación e a coordinación entre eles.
Por vez primeira se introduce, neste contexto, o concepto de mundialismo.
Otlet, uns corenta anos despois de fundar o Instituto Bibliográfico de Bruselas, anticipa a idea de rede de redes. Esta utopía da rede universal de documentación materializouse  na actualidade. Internet é un conxunto de redes, unha rede mundial de redes de ordenadores a través dos que se comparte a información e os servizos.