martes, 9 de octubre de 2012

Armand Mattelart, Sally Burch, Daniel Bell, Manuel Castells...A Sociedade da Información


Armand Mattelart, investigador, sociólogo, docente, naceu en Bélxica, pero conta cunha ampla traxectoria como profesional en  Europa e Latinoamérica. 


Estamos ante un Catedrático emérito en Ciencias da Información e da Comunicación e dende setembro do 2003 é o presidente do Observatoire Français des Médias (OFM). Ademais, colabora con Le Monde Diplomatique dende 1974.
É autor de moitos libros, traducidos a varias linguas, sobre a historia e as teorías da internacionalización da cultura e da comunicación. Entre as súas publicacións dos últimos anos traducidas ao castelán, destacan: “Historia de las ideas y de las estrategias”, “La invención de la comunicación”, “Historia de la utopía planetaria: De la ciudad profecética a la sociedad global” ou “La Mundialización de la Comunicación”.

A obra que a nós nos ocupa é “Historia de la sociedad de la información”.

A “Sociedade da Información” é un concepto con diversos interpretacións, dependendo do autor ante o que nos situemos.
É vista coma a sucesora da sociedade industrial. Relativamente similares serían os conceptos da sociedade post-industrial, posfordismo, sociedade postmoderna, sociedade do coñecemento…
Sally Burch considera que a “Sociedade da Información” é o termo hexemónico.
O sociólogo estadounidense DanielBell introduce a noción de “Sociedade da Información” e formula que o eixo principal desta é o coñecemento teórico e advirte que os servicios baseados no coñecemento se convertirán na estrutura central da nova economía.
Esta expresión reaparece con forza nos anos 90, no contexto de desenvolvemento de Internet e das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación).
Manuel Castells en “La era de la Información” fala dun “novo sistema tecnolóxico, económico e social. Unha economía na que o incremento de produtividade non depende do incremento cuantitativo dos factores de produción (capital, traballo, recursos naturais), senón da aplicación de coñecementos e información na xestión, produción e distribución, tanto nos procesos coma nos produtos”.
Pola contra, o concepto de “Sociedade do Coñecemento” tamén é utilizado, en especial nos medios académicos. Tamén a UNESCO adoptou este termo, ou a súa variante, dentro das súas políticas institucionais.
A concepción actual do que entendemos por “Sociedade da Información” está influenciado pola obra do sociólogo xaponés Yoneji Masuda, “La sociedad informatizada como sociedad post-industrial”.
Esta está centrada na tecnoloxía informática, que tería un impacto moito máis decisivo na sociedade que a revolución da enerxía, por exemplo, que comezou coa razón da máquina de vapor. A razón básica é que a función fundamental do ordenador é substituír e amplificar o traballo mental humano; a máquina de vapor só tiña como función básica a sustitución e amplificación do traballo físico.

Armand Mattelart fai a súa propia caracterización sobre a “Sociedade da Información”.
Na súa obra fai referencia a Paul Otlet e a Henri La Fontaine. Estes crean en Bruselas no ano 1895 o “Instituto Internacional de Bibliografía”, coa finalidade de constituír un “Libro univeral do saber”. Estaríamos así ante a nova ciencia da organización sistemática da información.
Pouco a pouco vanse producindo avances, como a creación a ficha normalizada, ata que no ano 1910 se crea a “Oficina Central  de la Unión de Asociaciones Internacionales”, coa finalidade de agrupar en rede as institucións, federacións, ligas, congresos, institutos… de modo que se garantizaría a cooperación e a coordinación entre eles.
Por vez primeira se introduce, neste contexto, o concepto de mundialismo.
Otlet, uns corenta anos despois de fundar o Instituto Bibliográfico de Bruselas, anticipa a idea de rede de redes. Esta utopía da rede universal de documentación materializouse  na actualidade. Internet é un conxunto de redes, unha rede mundial de redes de ordenadores a través dos que se comparte a información e os servizos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario