jueves, 20 de septiembre de 2012

A clase política. Renovarse ou morrer


César Molinas publicará no 2013 un libro titulado “¿Qué hacer con España?”Una teoría de la clase política española corresponde a un dos seus capítulos. Este artigo publicado en El País supuxo un revulsivo nas mentes de cada un dos lectores que desmiuzaron as súas palabras. Estamos ante un texto denso, sentencioso e de gran notoriedade nas redes sociais, no que César Molinas non se mordiu a lingua á hora de apedrear á clase política española.

Di moitas verdades. Entre outras, eu citaría as seguintes:
-Ningún partido político foi quen de ofrecer un diagnóstico coherente sobre o que está ocorrendo en España  nin ofreceu unha estratexia crible para sacala da crise.
-A clase política é un sistema de captura de rendas, que busca o interés propio e non o xeral.
-A clase política é a principal responsable da burbulla inmobiliaria, do colapso das caixas de aforro, da burbulla das enerxías renovables e da burbulla das infraestruturas innecesarias.
-A clase política alterna cargos oficiais con enchufes nas empresas e en organismos públicos.
-A clase política invadiu outos ámbitos que deberían ser independentes, coma o da Xustiza.
E podería seguir eu:
-Cobran uns soldos desorbitados.
-Cada día son máis os casos de corrupción política que saen á luz. Hoxe mesmo saiu no telexornal a detención do alcalde de Ourense.
-De cada dúas palabras que nos din, tres son mentira. E non o digo eu, demóstrano a cantidade de contradicións nas que caen continuamente.

A sociedade española está cansa. A confianza nos nosos representantes está polo chan.

Gaetano Mosca pon de manifesto que dende sempre existiron dous tipos de persoas: as que gobernan e as que son gobernadas. O primeiro grupo é minoritario e goza do monopolio do poder. O segundo está composto pola maioría do pobo, baixo a autoridade da chamada clase política.
É certo, eles están por enriba e nós estamos por debaixo, pero iso non quere dicir que non lles deban lealdade ós cidadáns, nin que non teñamos dereito a pedir responsabilidades. Hoxe máis que nunca.

Houbo todo tipo de reaccións ó texto de César Molinas, a maioría delas concordantes.
Eu non vou cuestionar a súa teoría. Non sei se é ou non factible. Non sei se a súa proposta de cambio dun sistema electoral pechado a outro maioritario serviría realmente de moito, pois non teño os coñecementos suficientes para xulgalo. Mais sempre haberá quen se atreva a facelo, con máis ou menos acerto. Aquí vos deixo unha mostra:

1 comentario:

  1. Outra compañeira tamén mencionou ao político italiano Gaetano Mosca, que estaría ben que ofrecera algunha documentación complementaria as súas propostas.
    E tamén é interesante dar a opinión sobre as propostas documentais como a que nos facilita. Para documentar, hai que coñecer o contido dos documentos que se propoñen.
    Maldita Documentación

    ResponderEliminar