lunes, 8 de octubre de 2012

Entre a Web 1.0 e 4.0


O termo Web 2.0 naceu a mediados do 2004 e foi medrando ata acadar a súa posición actual no mundo da tecnoloxía. Entre as súas aplicacións máis representativas están a Wikipedia, YouTube, Flickr, Wordprees, Blogger ou Facebook.


Segundo O’Reilly, principal promotor da noción de Web 2.0, os principios constitutivos desta son sete:
-A WWW (World Wide Web) como plataforma de traballo.
-O fortalecemento da intelixencia colectiva.
-A xestión das bases de datos como competencia básica.
-A fin do ciclo das actualizacións de versións de software.
-Os modelos de programación lixeira xunto coa búsqueda da simplicidade.
-O software non limitado a un só dispositivo.
-As experiencias enriquecedoras dos usuarios.
Na obra Planeta Web 2.0. Inteligenciacolectiva o medios fast food, de Cristóbal Cabo Romaní e Hugo Pardo Kuklinski, aparecen perfectamente representadas estas ideas. Estamos ante unha obra completa plenamente recomendable para profundizar na Web 2.0.

Trátase dunha transición dende as aplicación tradicionais e de escritorio cara  outras aplicacións que funcionan a través da web enfocadas ao usuario. Isto permitiu que na Internet xurdiran infinidade de novos proxectos. Ademais, o seu emprego vai máis alá do campo informático. Permite, por exemplo, informar e recibir información sobre medicamentos de modoque todos os profesionais do sector poidan interrelacionar entre sí.

A rede é un escenario en continuo cambio; a transición continua cara unha nova etapa, a web 3.0.
O termo foi acuñado no 2001 nun artigo científico escrito por Tim Berners-Lee, onde o describía como “un lugar no que as máquinas poden ler páxinas Web coa mesma facilidade coa que o facemos os humanos”.

A Web 3.0 é unha Web Semántica que está caracterizada pola unión entre a Intelixencia Artificial e a Web, de modo que as aplicacións teñan a capacidade de razoar. 
 Podemos dicir que a Web Semántica é unha ampliación da Web, por medio da que se intenta levar a cabo un filtrado de maneira automática da información, de modo que esta sexa entendida polas propias máquinas (os axentes encargados de procesala). Permite pois obter solución aos problemas habituais na busca de información que en ocasións se fai tan complicada.
Supón unha completa revolución na Internet, non só na xestión dos contidos, senón tamén no traslado da Web dende os ordenadores e os teléfonos móbiles a calquera obxecto cotián.

Sen dúbida a diferenza entre unha e outra está en que a Web 3.0 dá un paso adiante e podemos establecer entre elas unha sinxela comparación.

 O termo Web 2.0 está asociado a un fenómeno social, baseado na interacción que se obtén a partir de diferentes aplicación web e que facilitan a colaboración, a transmisión de información entre usuarios de modo que a compartan entre eles… É o que ocorre nos servizos de rede social, nas wikis, nos blogs, nos mashups ou nas folcsonomías. Pasamos de visualizar información de maneira pasiva a interactuar  con outros usuarios, en definitiva.
A Web 3.0 trata de interpretar e interconectar un número elevadísimo de datos, compartidos e procesados por ferramentas automatizadas. Bota man da intelixencia artificial. É unha web semántica, como xa dixen. 

Xa hai de quen fala da Web 4.0, persoas que falan con persoas e con aplicacións. A clave está en  unir as intelixencias, para que tanto as persoas como as cousas se comuniquen entre sí para xerar a toma de decisións. O obxectivo é formar unha Web Total. O futuro dirá se esta proposta é ou non viable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario